Coro Xoven: TEMPO NOVO

Tempo Novo é o coro xoven de Concerto Tempo. Despois de iniciar a escola coral en setembro de 2018 con Concerto Tempiño, o coro de nenas e nenos, en setembro de 2019 culminamos a nosa escola coral co paso intermedio entre o coro de nenos e o coro matriz.

 

  • A quen vai dirixido?  A rapazas e rapaces que no vindeiro curso 20/21 cursen ESO, Bacharelato ou FP, con idades comprendidas entre os 12 e 17 anos.

 

  • Cando son os ensaios e onde?  Os sábados en horario de 12:30 a 14h. Os ensaios realizaranse no Centro Cívico de Canido (Ferrol).

 

  • Que medidas se tomarán pola COVID? Xel hidroalcohólico antes e despois dos ensaios; ventilación antes, durante e depois dos ensaios (a sala de ensaios ten unha amplísima cristaleira chea de fiestras, ideal para ter unha excelente ventilación); distanciamento entre os integrantes do coro durante os ensaios, desinfección das cadeiras antes e despois dos ensaios…

 

  • Que equipo traballará co coro? Contaremos cun equipo formado por Patricia Rodríguez (profesora de técnica  vocal), Icía Rey (profesora de expresión corporal), Joel Crespo (pianista  acompañante) e José A. García Mato (director).

 

  • Que custo ten a actividade? 10€ ao mes. O abono realizarase no inicio de cada trimestre (total 30€). A actividade  desenvolverase de outubro a xuño, polo que serían tres trimestres.

 

  • Hai límite de prazas?  Si, o límite será de 25 prazas.

 

  • Cando se fai a pequena escoita de voz e cando comeza o primeiro ensaio?  A pequena escoita de voz será o sábado 19 de setembro pola mañá no Centro Cívico de Canido (horario por confirmar en función do número de inscritos) e o primeiro ensaio será o sábado 26 de setembro.

 

  • Onde hai que inscribirse?  Mediante un correo electrónico, indicando nome e apelidos da nai, pai ou titor/a e o do/a integrante, nivel educativo que cursará neste 20/21 e número de móbil da nai, pai ou titor/a.

 

Eses datos enviaranse á dirección: corotemponovo@gmail.com

 

Límite de inscrición: Xoves 17 de setembro do 2020 ás 15h.

 

 
 
previous next
X